- Determinou que ao redor de 1 millón de especies de animais e plantas están en perigo de extinción.
- Na elaboración do informe participaron 145 expertos de 50 países, con aportes doutros 310 autores.
- O documento avalía os cambios acontecidos nas últimas cinco décadas a través da relación entre as vías do desenvolvemento económico e o seu impacto na natureza, á vez que ofrece unha gama de posibles escenarios futuros.
- Por primeira vez a esta escala, clasificáronse os cinco impulsores directos da degradación na natureza con maior impacto, que son, en orde descendente, os cambios no uso da terra e o mar; a explotación directa de organismos; o cambio climático; a contaminación e as especies exóticas invasoras.
Cerceda, a 13 de maio de 2019.- Advírteo o novo informe da Plataforma Intergubernamental de Ciencia e Política sobre Biodiversidade e Servizos dos Ecosistemas (IPBES): a biodiversidade mundial diminúe a un ritmo sen precedentes e acelérase a taxa de extinción de especies, así como as probabilidades de graves impactos nas persoas.
Non obstante, e malia esta demoledora conclusión, o informe tamén reserva un oco para a esperanza. O presidente de IPBES, Sir Robert Watson, asegurou que non é demasiado tarde para actuar, pero só se empezamos agora, en todos os niveis, desde o local ata o global, e a través dun cambio transformador que contemple unha reorganización sistémica e que considere os factores tecnolóxicos, económicos e sociais.
Trátase do informe máis completo que se elaborou ata o de agora e baséase na histórica Avaliación dos Ecosistemas do Milenio de 2005. Coa participación de 145 expertos de 50 países nos últimos tres anos, e as achegas doutros 310 autores contribuíntes, no mesmo avalíanse os cambios nas últimas cinco décadas a través dun panorama completo da relación entre as vías do desenvolvemento económico e o seu impacto na natureza, á vez que ofrece unha gama de posibles escenarios futuros.
ESPECIES EN PERIGO DE EXTINCIÓN
Baseándose na revisión sistemática de ao redor de 15.000 fontes científicas e gobernamentais, o informe determinou que, agora máis que nunca na historia da humanidade, ao redor de 1 millón de especies de animais e plantas están en perigo de extinción.
A abundancia promedio de especies nativas na maioría dos principais hábitats terrestres diminuíu en alomenos un 20%, na súa maioría desde 1900. Pola súa banda, máis de 40% das especies de anfibios, case 33% dos corais de arrecife e máis dun terzo de todos os mamíferos mariños están ameazados.
O panorama é menos claro para as especies de insectos, pero a evidencia dispoñible apoia unha estimación tentativa de que o 10% está ameazado.
Da orde de 680 especies de vertebrados foron levadas á extinción desde o século XVI e máis de 9% de todas as especies domesticadas de mamíferos utilizados para a alimentación e a agricultura extinguíronse para 2016, e 1.000 máis están ameazadas.
Por primeira vez a esta escala, os autores da avaliación clasificaron os cinco impulsores directos da degradación na natureza con maior impacto, que son, en orde descendente, os cambios no uso da terra e o mar; a explotación directa de organismos; o cambio climático; a contaminación e as especies exóticas invasoras.
Así mesmo, o informe sinala que, desde 1980, as emisións de gases de efecto invernadoiro duplicáronse, e, en consecuencia, as temperaturas globais promedio eleváronse en ao redor 0.7 grados centígrados. Este cambio climático xa está afectando á natureza a todosos niveles, desde os ecosistemas ata a xenética.
Aínda que existe progreso nos esforzos para conservar a natureza e implementar políticas, o informe considera que os obxectivos globais establecidos para 2030, e máis aló, só poden lograrse a través de cambios transformadores nos sectores económicos, sociais, políticos e tecnolóxicos, xa que a perda de biodiversidade non só é un problema ambiental, senón tamén un problema económico, de desenvolvemento, de seguridade, social e moral.
Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente
https://p.widencdn.net/xclk3a/DSCF2214
Saúdos, Departamento de Comunicación