- Trátase dunha iniciativa de sensibilización social sobre a axeitada utilización do Punto SIGRE habilitado nas farmacias (máis de 22.000) para a recollida dos envases baleiros ou restos de medicamentos aportados polos cidadáns.
- O 95% dos españois está concienciado sobre o dano medioambiental que supón tirar estes residuos ao lixo ou polo desaugadoiro, e o 92% ten un alto coñecemento sobre o Punto SIGRE.
Cerceda, a 5 de novembro de 2020.- Co lema “Un paso ao fronte polo medio ambiente”, SIGRE lanzou unha nova campaña de sensibilización social sobre o correcto uso do Punto SIGRE habilitado nas farmacias para a recollida dos envases baleiros ou restos de medicamentos aportados polos cidadáns.
A iniciativa tamén fai fincapé na importancia dun uso axeitado dos antibióticos, o cumprimento dos tratamentos e a correcta xestión ambiental dos seus residuos. Segundo datos do último sondeo de opinión levado a cabo por SIX, o 43% dos pacientes que conclúen un tratamento con antibióticos garda os restos no botiquín de casa, co conseguinte risco derivado dunha automedicación inadecuada.
O 95% dos españois está concienciado sobre o dano medioambiental que supón tirar estes residuos ao lixo ou polo desaugadoiro, e o 92% ten un alto coñecemento sobre o Punto SIGRE.
O FARMACÉUTICO, FIGURA CLAVE
Máis de 22.000 farmacias no noso país acollen o Punto SIGRE, o que significa que hai un por cada 846 fogares, permitindo que os cidadáns poidan desprenderse fácilmente destes refugallos e con total garantía para a saúde e o medio ambiente.
Así mesmo, os profesionais de farmacia son un importante punto de referencia, xa que o 76% dos cidadáns acode a este colectivo para despexar dúbidas sobre o que debe e non debe depositarse no Punto SIGRE.
Pola súa banda, o 87% dos farmacéuticos asegura que mellorou a actitude e colaboración dos seus clientes nos últimos anos.
ENVASES MÁIS SOSTIBLES
A industria farmacéutica, guiada por un modelo de economía circular, leva anos aplicando medidas de prevención e ecodeseño a fin de que os envases de medicamentos teñan cada vez un menor peso e volume, sexan menos contaminantes e máis fácilmente reciclables, reducindo así o seu impacto sobre a contorna.
Como resultado, ao longo dos últimos 20 anos conseguiuse reducir o peso dos envases máis dun 25%.
Durante 2019, medio cento de laboratorios aplicaron 180 medidas de ecodeseño, o que permitiu aforrar máis de 178 toneladas de materias primas durante o proceso de deseño dos envases, fase na que se estima que ten lugar o 80% do seu impacto ambiental.
Fonte e imaxe: SIGRE