- Financiado pola Unión Europea, está liderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
- O novo envase, que se degrada nun periodo máximo de 90 días desde que se desbota, pode alongar a vida útil de carnes, peixes ou verduras, contribuíndo así á redución do desperdicio de comida, un dos obxectivos da estratexia da bioeconomía circular da UE.
Cerceda, a 2 de xullo de 2020.- O proxecto YPACK, financiado pola Unión Europea e liderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), desenvolveu e patentou un material a partir de subprodutos da industria alimentaria como alternativa ao envasado tradicional de alimentos.
O novo envase, que se degrada nun periodo máximo de 90 días desde que se desbota, pode alongar a vida útil de carnes, peixes ou verduras, contribuíndo así a reducir o desperdicio de comida, un dos obxectivos da estratexia da bioeconomía circular da UE.
YPACK ten por obxecto ampliar a produción e validar comercialmente dúas solucións innovadoras de envasado de alimentos baseadas en polihidroxialcanoatos (PHAs): unha película de contacto alimentario e unha bandexa, ambos totalmente compostables.
Tras desenvolver a película de contacto, agora un equipo multidisciplinar de 21 socios de 10 países membros da UE creou un envase compostable fabricado cun material sostible, poli(3-hidroxibutirato-co-3-hidroxivalerato) (PHBV), que se produce a partir de soro de queixo e microcelulosa de cascas de almendras.
ACTIVIDADE ANTIMICROBIANA
Os expertos buscaron que, ademais de biodegradables, os envases participen de forma activa na conservación do produto. Nun paso previo, incorporouse óxido de zinc e aceite esencial de orégano, dous ingredientes activos. Estes compostos teñen boa actividade antimicrobiana contra dúas bacterias que poden causar intoxicación alimentaria: Staphylococcus aureus (estafilococo áureo) e Escherichia coli (E. coli).
Os investigadores descubriron unha proporción óptima dos ingredientes activos, óxido de zinc e aceite esencial de orégano, que mostraron efectos antibacterianos a curto (15 días) e medio prazo (ata 48 días), en sistemas abertos e pechados. É dicir, a fórmula podería usarse para produtos alimenticios nos que o paquete se abre e se pecha varias veces. Os resultados en fase piloto mostran o potencial dos envases activos de base biolóxica para aumentar a vida útil dos produtos frescos como carne, froitas, verduras e pasta fresca.
Fonte e imaxe: Residuos Profesional