- Con tal fin, recibirá un financiamento de 4,7 millóns de euros a cargo de EIT Raw Materials, un consorcio creado e financiado pola Unión Europea, e os tres membros desta iniciativa, isto é, Eramet, BASF e SUEZ.
- A partir de xaneiro de 2020, e durante un período de dous anos, levaranse a cabo distintas actividades co fin de desenvolver a gran escala este proceso e a estructuración dun sector industrial que contemple a propia recollida e desmontase das baterías ao final da súa vida útil, a súa reciclaxe e a fabricación de novos materiais de electrodos.
- Investigadores académicos de Chimie ParisTech e da Universidade Noruega de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU, polas súas siglas en inglés), así como o propio sector do automóbil, apoiarán este proxecto para acelerar a procura de solucións innovadoras.
Cerceda, a 14 de outubro de 2019.- O proxecto europeo ReLieVe (Reciclaxe de baterías de iones de litio para vehículos eléctricos), desenvolvido por Eramet, BASF e SUEZ, pretende desenvolver un innovador proceso de circuíto pechado para reciclar baterías de iones de litio de vehículos eléctricos e permitir a produción de novas baterías deste material en Europa. Para isto recibirá un financiamento de 4,7 millóns de euros a cargo de EIT Raw Materials, un consorcio creado e financiado pola Unión Europea e os tres membros.
Co desenvolvemento de novas capacidades europeas de reciclaxe de baterías de iones de litio preténdese dar resposta ao forte crecemento deste mercado nos próximos anos, asegurando a subministración de materias primas en Europa, necesarias para a súa transición enerxética.
A partir de xaneiro de 2020, e durante un período de dous anos, ReLieVe levará a cabo distintas actividades co fin de desenvolver a gran escala este proceso innovador e a estruturación dun sector industrial que contemple a propia recollida e desmontaxe das baterías ao final da súa vida útil, a súa reciclaxe e a fabricación de novos materiais de electrodos.
Un dos principais avais desta iniciativa é que os membros industriais do proxecto son líderes no seu sector: SUEZ, para a recollixa e o desmontaxe das baterías ao final da súa vida útil; Eramet, para o desenvolvemento do proceso de reciclaxe; e BASF, para a fabricación de materiais activos catódicos.
Así mesmo, estarán apoiados por investigadores académicos de Chimie ParisTech e da Universidade Noruega de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU, polas súas siglas en inglés) e polo propio sector do automóbil, que formará parte do comité asesor, para acelerar a procura de solucións innovadoras.
Os actuais avances de I+D do Grupo Eramet céntranse na recuperación de elementos de níquel, cobalto, manganeso e litio en produtos con calidade de batería. Pola súa banda, e como proveedor líder de materiais activos catódicos para os fabricantes de baterías de vehículos eléctricos, BASF confía en que a reciclaxe desempeñará un papel cada vez máis importante no despregue da electromobilidade. Agárdase que en Europa se reciclen ao redor de 50.000 toneladas de baterías para 2027, unha cantidade que se podería multiplicar por case dez para 2035. A través deste proxecto, SUEZ apoia o desenvolvemento de enfoques alternativos que combinan solucións circulares coa mobilidade urbana sostible.
A misión do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT, polas súas siglas en inglés), é precisamente permitir a competitividade sostible do sector europeo dos minerais, metais e materiais ao longo da cadea de valor, impulsando a innovación, a educación e o espírito empresarial.
Fonte: BASF
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación