- Trátase de “Ecoblist”, unha lámina de plástico creada a través de polímeros biodegradables con base en almidón de yuca, resistentes á calor e á humidade.
- A proposta foi presentada por oito estudantes da Universidade de Costa Rica ao concurso “Innovación para os estilos de vida sostibles”.
Cerceda, a 30 de outubro de 2020.- Un proxecto orientado a producir blísteres farmacéuticos biodegradables fíxose co primeiro premio do concurso “Innovación para os estilos de vida sostibles”, organizado polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) e o Tecnolóxico de Costa Rica (TEC) co apoio da Comisión Europea.
Trátase de “Ecoblist”, unha lámina de plástico creada a través de polímeros biodegradables con base en almidón de yuca, resistentes á calor e a humidade.
A proposta, presentada por oito estudantes da Universidade de Costa Rica, pretende contribuír á redución da contaminación por plásticos desbotables. Os seus autores sosteñen que esta fórmula podería ter futuras aplicacións no deseño doutros envases plásticos descartables que supoñan un problema ambiental.
O equipo de “Ecoblist” recibirá unha dotación económica para executar o seu proxecto e participará nun campamento virtual organizado polo Centro de Emprendemento da Universidade dos Andes, en Colombia, onde expertos en ecoinnovación axudarán aos gañadores a desenvolver as súas ideas.
O concurso, que busca estimular o desenvolvemento de iniciativas que favorezan o consumo e a produción sostibles, e alentar a mozos emprendedores a desenvolver ideas comerciais que contribúan á recuperación económica pos-COVID-19, forma parte do proxecto “Impulsando o Consumo Sostible en América Latina e o Caribe (ICSAL)”, un programa financiado pola Comisión Europea que traballa con gobernos, empresas e partes interesadas na implementación de políticas que aumenten a sostibilidade.
O segundo premio recaeu nun proxecto que promove o cultivo da yaca (Artocarpus heterophyllus) e a produción dos seus derivados para ser comercializados comou sustitutos da carne vermella. E o terceiro levouno unha proposta de reutilización de residuos de construción para a fabricación de concretos reciclados. Ambas iniciativas foron deseñadas por estudantes do TEC.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay