- Os colectivos apadriñados levan a cabo accións combinadas nas diferentes contornas naturais, aportando, nalgúns casos, un labor multidisciplinar para contribuír á conservación e protección do medio ambiente e ao impulso da economía circular.
Cerceda, a 28 de maio de 2020.- No marco da convocatoria de axudas para o ‘Apadriñamento de Espazos Naturais‘ promovidas polo proxecto LIBERA, nesta edición xa son 80 os colectivos a nivel nacional que están a recibir un impulso para a conservación das contornas naturais e a loita contra o abandono de residuos.
Desde a posta en marcha desta iniciativa, máis de 130 organizacións recibiron apoio económico e operativo co obxectivo de promocionar e apoiar accións locais destinadas á mellora da calidade ambiental das contornas naturais a través de entidades e organizacións non gobernamentais sen ánimo de lucro, que contan co soporte técnico e a formación práctica de LIBERA en todo momento.
Os colectivos apadriñados levan a cabo labores combinados nas diferentes contornas, tanto terrestres como fluviais e marítimos, aportando tamén, nalgúns casos, un traballo multidisciplinar para contribuír, desde distintos ámbitos, á conservación e protección do medio ambiente e ao impulso da economía circular. Desta forma, 41 colectivos centran os seus esforzos en contornas terrestres, 21 fanno en fluviais e outros 7 específicamente en ecosistemas mariños, ademais de 11 que desenvolven a súa actividade en múltiples ecosistemas.
Así mesmo, cabe destacar que máis da metade dos 80 apadriñamentos a nivel nacional actúan en espazos naturais pertencentes á Rede Natura 2000.
A colaboración e comunicación bidireccional entre o Proxecto LIBERA e os seus apadriñados é unha das máximas desta liña de axudas. Por isto, a iniciativa organiza cada ano unha serie de encontros para coñecer de primeira man necesidades, retos e solucións suscitados no día a día.
Deste xeito, a través da súa actividade, os “Apadriñameentos LIBERA” contribúen ao desenvolvemento das zonas despoboadas e a dinamizar a actividade en zonas rurais.
Fonte e imaxe: Ecoembes