- Trátase de Magna Coeli, que en 1990 creou unha empresa téxtil “Rezafenda”, en Recife (Brasil), que se abastecía da recolección de teas refugadas para confeccionar roupa nova, accesorios e ata xoias.
- Se ben comezou a fabricar teas para o fogar, hoxe a empresa fabrica roupa e produce teas naturais con base en algodón, seda e liño orgánicos.
- Así mesmo, xera emprego a artesáns cualificados de encaixes que perderan oportunidades coa irrupción das novas tecnoloxías e ata leva a cabo tarefas de formación a través da organización de talleres para axudar aos consumidores a reciclar a propia roupa e a alongar a súa vida útil.
- A economía circular debe impoñerse en todos os sectores produtivos para salvar o planeta. Non en van, cando aínda faltan cinco meses para finalizar 2019, o pasado 29 de xullo a humanidade xa esgotara o seu orzamento anual de recursos naturais.
Cerceda, a 1 de agosto de 2019.- Antes de que a expresión “reciclaxe” formase parte da linguaxe común, unha emprendedora brasileira, Magna Coeli, creou en 1990 unha empresa téxtil “Rezafenda”, en Recife (Brasil), que se abastecía da recolección de teas refugadas para confeccionar roupa nova, accesorios e ata xoias.
O seu pai era xastre e a súa nai costureira, polo que a súa visión da moda estaba xa arraigada na infancia e de nena aprendeu a coser roupa para as súas bonecas.
Os traballadores da súa firma usan mosaicos feitos con restos de tea como materia prima para o deseño de novos artigos e, se ben comezou a fabricar teas para o fogar, hoxe a empresa fabrica roupa e produce teas naturais con base en algodón, seda e liño orgánicos.
Así mesmo, xera emprego a artesáns cualificados de encaixes que perderan oportunidades coa irrupción das novas tecnoloxías e ata leva a cabo tarefas de formación a través da organización de talleres para axudar aos consumidores a reciclar a propia roupa e a alongar a súa vida útil.
Para Coeli "a esencia da ‘reciclaxe con valor agregado” é parte do seu negocio, xunto coa concepción circular da moda, e considera que non é posible ser ambientalmente sostible sen selo tamén desde a dimensión social e financeira.
ECONOMÍA CIRCULAR: A CLAVE
O impacto ambiental da chamada moda rápida está recoñecido e estanse levando a cabo múltiples esforzos para repensar esta industria desde unha perspectiva circular.
Todas as industrias e sectores necesitan deseñar produtos máis resistentes e, neste sentido, ONU Medio Ambiente está traballando para promover a durabilidade no sistema de manufactura global ao combater a obsolescencia programada e alentar aos fabricantes a ofrecer servizos de mantemento e reparación.
A necesidade de facer máis con menos constitúe o núcleo dos esforzos para garantir a supervivencia do noso planeta ante o crecemento da poboación, o cambio climático e outros desafíos. E para poñer de relevo a necesidade de actuar con urxencia nestes temas interrelacionados, celebrarase o Cume sobre a Acción Climática das Nacións Unidas, que terá lugar en Nova York o 23 de setembro de 2019.
E é que, cando aínda faltan cinco meses para finalizar 2019, o pasado 29 de xullo a humanidade xa esgotara o seu orzamento anual de recursos naturais. Nunca o Día de Sobrecapacidade da Terra se tiña alcanzado tan cedo no ano, circunstancia que evidencia o grave problema ao que nos enfrontamos.
O Día de Sobrecapacidade da Terra é a data en que a demanda anual de recursos naturais excede o que os ecosistemas do planeta poden rexenerar nese ano. Desde fai dúas décadas, este limiar adiantouse tres meses, o que significa que estamos esgotando o noso capital natural cada vez máis rápido.
A data é calculada pola organización internacional de investigación Global Footprint Network, que utiliza unha ferramenta de pegada ecolóxica.
Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente
Saúdos, Departamento de Comunicación