- Durante o curso 2023-2024, participarán no proxecto máis de 1.000 centros de distintas comunidades autónomas, entre as que se atopa Galicia
- Na pasada edición, os colexios adscritos a esta iniciativa presentaron 1.023 propostas aos retos expostos, grazas ás cales evitaron a emisión de 613,8 toneladas de CO2 e o uso de 58.154,2 m3 de auga
Cerceda, a 3 de outubro de 2023.- Ecovidrio puxo en marcha unha nova edición de ‘Generación Eco’, orientada a involucrar a toda a comunidade educativa na construción dun futuro máis sostible a través de divertidos retos relacionados co medio ambiente. Nesta ocasión participarán no proxecto máis de 1.000 centros de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato de distintas comunidades autónomas, entre as que se atopa Galicia.
Ao longo do curso académico 2023-2024, os alumnos enfrontaranse a cinco divertidos desafíos relacionados coa sensibilización ambiental e coa redución real do impacto ambiental, da pegada hídrica e da pegada de carbono do centro.
Cada mes Ecovidrio lanzará un novo reto a través da plataforma ‘Generación Eco’, involucrando a escolares, profesores e familiares para impulsar a sostibilidade. Ao finalizar o curso, os tres centros máis sostibles de cada Comunidade Autónoma recibirán o recoñecemento de ‘Centro + Sostible’ de ‘Generación Eco’, obtendo ademais premios relacionados coa concienciación ambiental.
Un comité de expertos ambientais creado por Ecovidrio encárgase de puntuar a proposta de cada centro educativo aos retos en función da creatividade, a orixinalidade, a permanencia da proposta ao longo do tempo, a súa escalabilidade entre o alumnado ou a súa transversalidade dentro do centro educativo.
Na pasada edición, os centros participantes presentaron 1.023 propostas aos retos expostos, grazas ás cales evitaron a emisión de 613,8 toneladas de CO2 e o uso de 58.154,2 m3 de auga.
Recursos
Generación ECO é un programa maduro que se articula con:
- Unha plataforma dixital e unha aula soporte atendida por técnicas especialistas en Educación Ambiental que orienta aos docentes na formulación e desenvolvemento dos seus retos.
- Unha calculadora ambiental que permite aos centros educativos medir o impacto das súas accións na redución de emisións de CO2 e o aforro de litros de auga.
Fonte e imaxe: Ecovidrio