- Así se recolle na edición 2019 do Cadro de Indicadores relativos a Consumidores, publicado o pasado mes por parte da Comisión Europea.
- Os máis conscientes desde a perspectiva ambientalson os países meridionais (59%) e orientais (5%).
- Máis dun 70% dos consumidores confía en que os minoristas respecten os seus dereitos e, á súa vez, máis dun 70 % dos minoristas mostrase convencido que é fácil cumprir a normativa en materia de consumo.
- As compras online situáronse en torno ao 60% en 2018 e seguen progresando, dando preferencia ás nacionais fronte ás transfronteirizas.
Cerceda, a 11 de decembro de 2019.- No marco da edición 2019 do Cadro de Indicadores relativos aos Consumidores, publicado o pasado mes pola Comisión Europea, dedúcese que, en termos xerais, os cidadáns son máis conscientes da súa pegada ambiental e que as normas no ámbito do consumo infunden confianza no mercado.
Neste sentido, a comisaria de Xustiza, Consumidores e Igualdade de Xénero da UE, Vera Jourová, anima aos consumidores, especialmente agora que se aveciñan as festas navideñas, a que se dirixan a comerciantes de confianza, coñezan os seus dereitos e compren sempre de xeito responsable.
Entre as conclusións deste cadro de indicadores, cabería destacar que, nun escenario de maior conciencia social sobre o cambio climático e a contaminación por plásticos, unha proporción cada vez maior de consumidores da UE ten en conta o impacto ambiental das súas compras. Os máis conscientes neste eido son os países meridionais (59%) e orientais (57%). Non obstante, continúa a ser significativa a diferenza entre o país con maior puntuación (Suecia, co 71%) e o país con menor puntuación (Croacia, co 53%).
Máis dun 70% dos consumidores da UE confía en que os minoristas respecten os seus dereitos e, á súa vez, máis dun 70 % dos minoristas considera que é fácil cumprir a normativa en materia de consumo. Así mesmo, o 71% opina que son fiables as alegacións ecolóxicas dos produtos ou servizos do seu sector. A maioría avalía de forma positiva a aplicación no seu sector da normativa en materia de protección dos consumidores e de seguridade dos produtos. As puntuacións máis altas refírense á aplicación da lexislación sobre seguridade dos produtos: tres cuartas partes dos minoristas aprecian o labor de supervisión das autoridades públicas.
Pola súa banda, as compras online situáronse en torno ao 60% en 2018 e continúan a progresar pese a grandes disparidades: dun 84% en Dinamarca a un 20% en Rumanía e Bulgaria aproximadamente. Agora ben, a confianza dos consumidores á hora de efectuar compras transfronteirizas noutros países da UE (48%) é claramente inferior á que manifestan nas compras en liña nacionais.
Fonte: Retema
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación