Noticias
Unha volta á sostibilidade coa volta ao cole
- Se ben a evolución do COVID-19 marcará as pautas a seguir pola comunidade educativa, de acordo coas instrucións das autoridades sanitarias en cada momento, Sogama faise eco dunha serie de recomendacións básicas para que a incorporación ao ámbito escolar sexa o máis sostible posible.
Cerceda, a 23 de setembro de 2020.- A volta ao cole xa está aquí e, aínda que a evolución do COVID-19 marcará as pautas a seguir pola comunidade educativa, de acordo coas instrucións das autoridades sanitarias en cada momento, convén ter en conta unha serie de recomendacións básicas para que a incorporación ao ámbito escolar sexa o máis sostible posible.
- Revisar o material do pasado curso académico a fin de aproveitar o que aínda teña utilidade. Seguro que hai moitas cousas que se conservan en bo estado e ás que se pode sacar rendemento sen necesidade de comprar outras novas.
- Aproveitar libros de texto de segunda man a través de familiares, coñecidos, plataformas online e o clásico trueque.
- Reemprazar os tradicionais forros plásticos para libros e buscar alternativas sostibles con tea, papel de xornal, papel de agasallo usado ou papel de embalar.
- Dar unha segunda vida aos uniformes de anos anteriores, de irmáns maiores ou coñecidos. Tamén aquí o mercado de segunda man pode ofrecer interesantes oportunidades.
- Restaurar a carteira ou mochila e o estuche do ano anterior. Só fai falta un pouco de enxeño e creatividade. O toque persoal e exclusivo está garantido. De non ser posible, adquirir accesorios ecolóxicos e sostibles.
- De precisar novos artigos de estudo, optar polos reutilizables e, na medida do posible, fabricados con materiais naturais, evitando o consumo de plástico.
- Priorizar unha alimentación sa e saudable, rica en verduras, froitas, legumes, lácteos e hortalizas, e deixar de lado a bollería industrial.
- Para levar a merenda e o tentempié de media mañá, apostar por alternativas intelixentes de envasado: bolsas de tea, fiambreIras ou prácticos envoltorios reutilizables, impermeables, fáciles de lavar e axustables.
- Levar á vida cotiá a práctica efectiva dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar).
- Separar os refugallos en orixe e depositar cada tipoloxía no contedor correspondente.
- Os novos residuos hixiénico-sanitarios tales como máscaras e luvas desbotables, deben introducirse no contedor verde convencional, xunto coa fracción resto. Pola súa banda, os envases de xel hidroalcohólico, no amarelo.
- Dar preferencia aos medios de transporte alternativos ao vehículo privado: camiñar, transporte público ou intentar compartir coche con outras familias do colexio.
http://www.sogama.gal/sites/default/files/Volta%20ao%20cole%202020%20GAL.pdf
Saúdos, Departamento de Comunicación