- Unha economía circular reducirá as emisións de CO2, á vez que estimulará o crecemento económico e creará oportunidades de emprego.
- Se seguimos a explotar os recursos, que son finitos, en 2050 necesitaremos tres planetas Terra.
- Requírese pasar dunha sociedade lineal, definida polas malas prácticas de usar e tirar, a unha circular e neutra en carbono, ambientalmente sostible e libre de tóxicos para 2050.
Cerceda, a 8 de febrero de 2021.- No marco do Pacto Verde e, en liña co obxectivo de neutralidade climática da UE para 2050, a Comisión Europea propuxo, en marzo de 2020, un novo Plan de Acción de Economía Circular centrado na prevención e xestión de residuos, e destinado a impulsar o crecemento, a competitividade e o liderado mundial da UE neste campo.
Se seguimos a explotar os recursos, que son finitos, en 2050 necesitaremos tres planetas Terra. Requírese pasar dunha sociedade lineal, definida polas malas prácticas de usar e tirar, a unha circular e neutra en carbono, ambientalmente sostible e libre de tóxicos.
A crise actual evidenciou as debilidades nos recursos e nas cadeas de valor, impactando nas pemes e a industria. Unha economía circular reducirá as emisións de CO2, á vez que estimulará o crecemento económico e creará oportunidades de emprego.
O 27 de xaneiro, a comisión de Medio Ambiente apoiou o plan e pediu obxectivos vinculantes para 2030 no uso e consumo de materiais.
Para lograr un mercado europeo de produtos sostibles, climáticamente neutros e eficientes no uso de recursos, a Comisión propón estender a directiva sobre deseño ecolóxico a aqueles non relacionados coa enerxía. Os eurodeputados queren que as novas normas estean vixentes este mesmo ano.
Os membros do Parlamento tamén apoian iniciativas para loitar contra a obsolescencia programada, mellorar a durabilidade e a capacidade de reparación dos produtos, así como a protección dos consumidores co "dereito para reparar".
TRANSFORMAR LOS SECTORES ESENCIALES EN CIRCULARES
Tanto a circularidade como a sustentabilidade deben incorporarse en todas as etapas das cadeas de valor para lograr unha economía completamente circular: desde o deseño ata a produción e o consumo.
O plan de acción da CE establece sete áreas crave esenciais para lograr unha economía circular: plásticos, téxtis, residuos electrónicos, alimentos; auga e nutrientes, embalaxe, baterías e vehículos; edificacións e construción.
Os eurodeputados apoian a estratexia europea para o plástico nunha economía circular que eliminaría gradualmente o uso de microplásticos.
Os téxtis utilizan moita materia prima e auga, con menos dun 1% de reciclaxe. Os eurodeputados reclaman novas medidas contra a perda de microfibras e normas máis estritas sobre o uso da auga.
Así mesmo, estímase que o 20% do total de alimentos producidos pérdese ou desperdíciase na UE. Os europarlamentarios instan a reducir á metade o desperdicio de comida para 2030 no marco da “Estratexia da granxa á mesa”.
Os refugallos electrónicos e eléctricos son o fluxo de máis rápido crecemento na UE e menos do 40% se recicla. Os eurodeputados queren que a UE promova unha vida útil máis longa do produto mediante a reutilización e a reparabilidade.
Os residuos de envases alcanzaron un récord en 2017 a nivel europeo. As novas normas teñen como obxectivo garantir que todasas embalaxes presentes no mercado da UE sexan economicamente reutilizables ou reciclables para 2030.
Os eurodeputados están a estudar propostas que esixan que a produción e os materiais de todas as baterías no mercado da UE teñan unha pegada baixa en carbono e respecten os dereitos humanos, así como os estándares sociais e ecolóxicos.
A construción representa máis do 35% do total de residuos da UE. Os membros do PE piden que se aumente a vida útil dos edificios, xunto a obxectivos de redución da pegada de carbono con respecto aos materiais e requisitos mínimos sobre os recursos e eficiencia enerxética.
Fonte: Parlamento Europeo
Imaxe: Pexels