- Como parte da Estratexia de Plástico aprobada en xaneiro do pasado ano, a UE desenvolverá novas regras de empaquetado para mellorar a reciclaxe deste material e aumentar a demanda de produtos reciclados, prevendo igualmente optimizar e ampliar as instalacións de reciclaxe, así como promover un sistema máis estandarizado para a recollida separada e a clasificación de residuos.
- ONU Medio Ambiente indica que é necesario apoiar estratexias de xestión de residuos nos países menos desenvolvidos, onde as autoridades municipais carecen moitas veces da capacidade para implementar políticas axeitadas, coa particularidade de que estes países adoitan ser as principais fontes de contaminación mariña.
Cerceda, a 21 de xaneiro de 2019.- Segundo ONU Medio Ambiente, prodúcense no mundo cada ano ao redor de 300 millóns de toneladas de residuos plásticos, pero só se recolle para a súa reciclaxe o 14%.
Advirte que non todo o plástico se pode reciclar e, en moitos casos, os artigos resultan contaminados, o que incrementa os custos do proceso de recuperación. A Unión Europea recicla menos do 30% dos seus 25 millóns de residuos plásticos.
En xaneiro de 2018, a Comisión Europea aprobou unha Estratexia de Plástico coa pretensión de que, no ano 2030, todos os envases fabricados con este material fosen reutilizables ou reciclables. Un obxectivo co que, ademais, poderíanse crear 200.000 novos empregos se a capacidade de reciclaxe se multiplicase por catro.
Como parte desta estratexia, a UE desenvolverá novas regras de empaquetado para mellorar a reciclaxe de plásticos e aumentar a demanda de produtos reciclados, prevendo igualmente optimizar e ampliar as instalacións de reciclaxe, así como impulsar un sistema máis estandarizado para a recollida separada e a clasificación de residuos.
ONU Medio Ambiente, que lidera desde 2017 a campaña “Mares Limpos” co fin de impulsar a eliminación dos plásticos dun só uso, un dos principais azoutes medioambientais que sofren os océanos, cun negativo impacto ambiental sobre os ecosistemas mariños, os animais, a pesca, o turismo e a cadea alimentaria humana, apoia a implantación de sistemas integrados de xestión de residuos a través do seu Centro Internacional de Tecnoloxía Ambiental en Xapón .
Neste sentido, indica que é necesario apoiar estratexias de xestión de residuos nos países menos desenvolvidos, onde as autoridades municipais carecen moitas veces da capacidade para implementar políticas axeitadas, coa particularidade de que estes países adoitan ser as principais fontes de contaminación mariña. Exemplo disyo é que o 90% do plástico que acaba nos nosos océanos procede de só 10 ríos, 8 deles en Asia.
Grandes corporacións xa están tomando cartas no asunto e traballan en colaboración para investir en novas tecnoloxías que permitan incrementar a reciclaxe e avanzar cara á economía circular. Non obstante, itso debe ser complementado coa formación e a concienciación.
“Non existe unha solución máxica para resolver o problema do lixo mariño e aumentar a reciclaxe, xa que investir en educación pública sen que haxa infraestrutura non dará resultados, nin viceversa. Este é un desafío do sistema que require solucións sistémicas”, asegura Rob Kaplan, fundador e director de Circulate Capital.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Saúdos, Departamento de Comunicación