- A taxa de reciclaxe de envases de vidro en Europa sitúase nun 74%, segundo datos de FEVE.
- Unha porcentaxe que se agarda siga crecendo debido ao lugar preeminente que a economía circular ocupa nas axendas dos Estados membros.
- Grazas á reciclaxe de vidro, cada ano afórranse máis de 12 millóns de toneladas de materias primas e evítase a emisión de máis de 7 millóns de toneladas de CO2.
Cerceda, 7 de marzo de 2019.- Segundo datos da Federación Europea de Fabricantes de Envases de Vidro (FEVE), a taxa de reciclado dos envases fabricados con este material mantense en torno ao 74% na Europa dos 28, se ben as últimas cifras dispoñibles son do ano 2016.
Con todo agárdase que, agora que a economía circular ocupa un lugar preeminente nas axendas do conxunto dos Estados membros da UE, se produza un impulso que permita elevar ese, xa de por si, alto nivel de reciclado, para o cal débense implantar novas solucións técnicas e continuar coas campañas de concienciación que tan bos resultados colleitaron ata a data.
O vidro reciclado é a materia prima máis importante para o sector de fabricantes de envases de vidro, posto que o 90% dos envases recollidos acaba transformándose en novos recipientes.
Aínda que a media de reciclaxe de envases de vidro sitúase no 74%, hai diferenzas entre países.
Segundo FEVE, existe un grupo de países cuxas taxas de reciclado son moi elevadas debido a que os seus sistemas de recolección diferenciada funcionan moi ben e proporcionan un material de alta calidade, o que redunda en beneficio da industria dos envases de vidro.
Noutros casos tales como Grecia, Hungría, Eslovaquia, Malta e Romanía, a taxa de reciclado deste material non supera o 40%, pero presentan un alto potencial de crecemento.
O VIDRO, UN CÍRCULO SEN FIN
O vidro é reciclable ao 100% e pode ser transformado unha e outra vez en envases idóneos para uso alimentario. Grazas a este proceso, cada ano afórranse máis de 12 millóns de toneladas de materias primas (area rica en sílice, carbonato de sodio e caliza) e evítase a emisión de máis de 7 millóns de toneladas de CO2.
Larga vida ao vidro coa colaboración de todos .
Fonte: FEVE
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación