- Vida activa, deporte en compañía, mobilidade sostible e menos plástico e papel, entre as principais recomendacións.
Cerceda, a 9 de setembro de 2020.- Para moitos, o mes de setembro representa o inicio dun novo ciclo e novos retos, polo que tamén pode ser un momento idóneo para introducir cambios que contribúan a mellorar a nosa saúde e o medio ambiente. Especialmente este ano, no que a normalidade mudou para adaptarse á situación provocada polo COVID-19.
Entre as novas rutinas, Sanitas alude ás seguintes:
Vida activa. Para protexer a saúde o primeiro é evitar o sedentarismo. Poden servir sinxelas medidas tales como subir polas escaleiras e, de paso, colaborar nun mellor uso dos recursos enerxéticos ao reducir o emprego do ascensor.
Deporte en compañía. Outra actividade que pode axudar moito é o acto de camiñar, sobre todo en parques urbanos, xardíns ou bosques próximos. Está demostrado que aproveitar os momentos cos pequenos da casa para practicar deporte ao aire libre mellora a súa atención, desenvolvemento emocional e comportamento.
Mobilidade sostible. Segundo datos da OMS, máis de 7millóns de persoas falecen anualmente debido á contaminación atmosférica, sendo o uso excesivo do transporte privado un dos principais factores gran parte desta situación débese ao uso excesivo do transporte privado. Optar pola bicicleta axudaría á diminución da polución no centro das cidades, contribuíndo ao mesmo tempo a manter unha vida activa.
Limitar o uso de plásticos. Un xesto tan simple como substituír os recipientes e tuppers de plástico por outros de vidro ou fibras vexetais contribuiría a este obxectivo.
Menos papel. O 90% dos residuos que se xera nunha oficina é papel e, pese a que cada vez máis compañías empregan papel reciclado, o certo é que as políticas de ‘mesas limpas’, a través da cal se insta aos empregados a evitar o uso deste material, tamén se está convertendo nunha realidad cada vez máis asentada. Entre as prácticas recomendadas figuran non imprimir documentos innecesarios, reutilizar os impresos e usar as dúas caras das follas.
Fonte: Compromiso RSE
Imaxe: Pixabay