- O obxectivo deste traballo conxunto é concienciar aos seguidores locais sobre a importancia da reciclaxe desta tipoloxía de residuos e darlles a oportunidade de levar as súas pilas e baterías usadas aos puntos habilitados.
- A edición de 2019 marcou un récord de recollida con máis de 2 toneladas.
- Aínda que este ano a situación sanitaria non permitirá a Ecopilas realizar esta campaña de recollida e de distribución de recompiladores domésticos, a fundación medioambiental intensificará o seu labor de información e sensibilización durante o transcurso da carreira.
Cerceda, a 26 de outubro de 2020.- A Volta a España e Ecopilas conmemoran unha década de estreita colaboración na que conseguiron recoller 7,1 toneladas de pilas (355.000 unidades) nos máis de 40 Concellos que albergan as liñas de saída e meta da veintena de etapas que compoñen o itinerario da Volta.
O obxectivo deste labor é concienciar aos seguidores locais sobre a importancia da reciclaxe destes residuos e darlles a oportunidade de levar as súas pilas e baterías usadas.
2019: RÉCORD DE RECOLLIDA
Ecopilas comezou a colaborar coa Volta a España en calidade de patrocinador do maillot verde, o Premio da Regularidade. Dada a expectación xerada entre os afeccionados, desde 2014, a fundación instala recompiladores idénticos aos máis de 40.000 que ten despregados por toda España. A edición de 2019 marcou un récord de recollida con máis de 2 toneladas.
Aínda que este ano a situación sanitaria non permitirá a Ecopilas realizar esta campaña de recollida e de distribución de recompiladores domésticos, a fundación medioambiental intensificará o seu labor de información e sensibilización durante o transcurso da carreira.
Con respecto á totalidade de eventos deportivos nos que Ecopilas está presente, cabe sinalar que, en 2019, bateu o seu récord de recollida de pilas, con máis de 8 toneladas retiradas, estando presente en 26 competicións.
Fonte e imaxe: FuturEnviro