- Ecovidrio participou neste evento, por sexto ano consecutivo, para concienciar aos cidadáns sobre a necesidade de coidar a contorna a través da reciclaxe de vidro.
- Segundo un recente balance elaborado pola organización, nesta 76ª edición do torneo recolléronse ata 1,4 Toneladas (TM) de residuos a través das súas 21 etapas, un récord sen precedentes na historia das competicións ciclistas europeas.
- Grazas á reciclaxe de residuos de vidro recollidos, fabricáronse os 40 trofeos que se entregaron aos gañadores.
Cerceda, a 10 de setembro de 2021.- O pasado domingo, A Volta ciclista a España, cun gran éxito de expectación e público, finalizou o seu periplo en Santiago de Compostela. Por sexto ano consecutivo, Ecovidrio sumouse a este evento co fin de seguir apostando pola concienciación cidadá sobre a necesidade de dispoñer dunha contorna limpa, de gran importancia nun deporte tan ligado ao medio ambiente.
O esloveno Primoz Roglic alzouse como campión do torneo, alzando un trofeo realizado con vidro reciclado e reciclando a botella coa que celebrou a súa vitoria.
A Volta, ademais de ser unha competición deportiva, tamén constitúe un evento social que cada ano reúne a 3,5 millóns de persoas. É por iso que Ecovidrio quere aproveitar esta circunstancia para trasladar á sociedade a importancia de reciclar os seus envases de vidro para coidar a nosa natureza.
O iglú xigante, o máis grande do mundo, desprazouse ata Burgos e Santiago de Compostela para achegar a reciclaxe de envases de vidro aos cidadáns das localidades de comezo e final da Volta 2021.
Unha das novidades deste ano foron as Eco Zonas, puntos quilométricos de reciclaxe nas que os corredores estaban obrigados a arroxar os seus residuos.
Segundo un recente balance elaborado por Ecovidrio, nesta 76ª edición de A Volta recolléronse ata 1,4 Toneladas (TM) de residuos a través das súas 21 etapas, un récord sen precedentes na historia das competicións ciclistas europeas.
Ademais, o seu Pelotón Verde, formado por máis de 200 voluntarios ambientais, realizou batidas de limpeza de residuos en todas as etapas.
Desta forma, as cifras oficiais de Ecovidrio concrétanse en 333 quilos de residuos recollidos polo Pelotón Verde en tramos de carreira, dato que se suma aos 332,6 quilos retirados nos portos de montaña e aos 795 quilos que foron recollidos nos diferentes puntos de aparcamento dos equipos ao longo de toda A Volta 21.
Grazas á reciclaxe de residuos de vidro recollidos, fabricáronse os 40 trofeos que se entregaron aos gañadores.
ÓSCAR PEREIRO, EMBAIXADOR DA CAMPAÑA
Un ano máis contouse co galego Óscar Pereiro como embaixador da campaña. El foi o encargado de lembrar aos gañadores das etapas que tiñan que reciclar os seus envases de vidro no pódium.
Para agradecerlle o seu compromiso coa reciclaxe e co coidado do medio ambiente, creouse unha estatua de vidro reciclado que loce en Mos, a súa localidade natal.
Fonte e imaxe: Ecovidrio