- A súa colaboración enmárcase na terceira edición da campaña “1m2 polas praias e mares” do proxecto LIBERA, promovido por SEO/BirdLife e Ecoembes.
- Ata o vindeiro domingo, 6 de outubro, grupos sociais de distinta tipoloxía levarán a cabo labores de limpeza e recompilación de datos en 227 enclaves do país.
- A través da recollida e caracterización dos residuos atopados, preténdese coñecer a cantidade e tipoloxía do lixo mariño co fin de articular estratexias máis eficientes e efectivas para combatelo.
Cerceda, a 2 de outubro de 2019.- No marco da terceira edición da campaña “1m2 polas praias e mares” do proxecto LIBERA, promovido por SEO/BirdLife e Ecoembes, miles de voluntarios están colaborando na recollida de residuos e recompilación de datos para facer fronte á basuraleza nas praias e costas de distintos puntos de España. Con isto preténdese coñecer a cantidade e tipoloxía de lixo mariño, circunstancia que permitirá articular estratexias máis eficientes e efectivas para combatelo.
Ata o vindeiro domingo, 6 de outubro, grupos sociais de distintas características levarán a cabo labores de limpeza e toma de datos en 227 enclaves do país, información da que se deixará constancia na aplicación móbil MARNOBA, desenvolvida pola Asociación Vertidos Cero e KAI Marine Services.
Así mesmo, e grazas a un convenio coa Rede de Vixiantes Mariños, LIBERA contará coas Mulleres Redeiras de Bermeo (Euskadi), quen poderán desenvolver o seu oficio tradicional en condicións dignas, recuperando redes que os voluntarios sacaron do mar como residuos e que agora lles servirán para “pescar” basuraleza.
A rede de Vixiantes Mariños é unha iniciativa da ONG Oceánidas formada por submarinistas voluntarios e concienciados coa importancia de manter libres de refugallos os mares. Este ano, ademais de volver a mergullarse nos fondos mariños españois, suman aos seus esforzos puntos de Cabo Verde, Colombia, Brasil, Perú e Arxentina.
BALANCE PASADA EDICIÓN
Durante a pasada edición de ‘1m2 polas praias e os mares’, lográronse recoller 23 toneladas de lixo abandonado grazas ás máis de 100 batidas realizadas, permitindo estudar e caracterizar preto de 36.000 obxectos de diverso tipo: desde cabichas e redes de pescadores ata envoltorios de comida e produtos farmacéuticos.
Fonte e imaxe: Proxecto Libera
Saúdos, Departamento de Comunicación