- Segundo datos do INE, representou o 36,3% do total de postos de traballo ambientais no ano 2019.
- O dominio cun maior peso sobre o total do VAB ambiental correspondeu á produción de enerxía a través de fontes renovables (35,7% do total), seguido da xestión de residuos (23,0% do total).
Cerceda, a 31 de decembro de 2020.- A economía ambiental, definida como o valor das actividades asociadas á protección do medio ambiente e á xestión dos recursos naturais, xerou en 2019, segundo datos do INE, 327,0 milleiros de empregos a tempo completo, o que supuxo un aumento do 2,5% respecto do exercicio anterior, unha décima máis que o crecemento do emprego total da economía nese ano.
O Valor Engadido Bruto (VAB) asociado á produción de bens e servizos ambientais (VAB ambiental) situouse en 26.224,7 millóns de euros, un 1,8% menos que no ano anterior, mentres que o Produto Interior Bruto (PIB) incrementouse un 3,4%.
O dominio cun maior peso sobre o total do VAB ambiental correspondeu á produción de enerxía a través de fontes renovables (35,7% do total), seguido da xestión de residuos (23,0% do total).
Pola súa banda, os dominios ambientais nos que se xerou máis emprego foron xestión de residuos (36,3% do total) e outros ámbitos de protección ambiental (13,7%). Respecto das contribucións ao crecemento do emprego, os ámbitos que máis aportaron foron xestión de residuos (0,962 puntos) e protección e descontaminación de solos, augas subterráneas e augas superficiais (0,627 puntos).
As actividades económicas con maior emprego ambiental foron subministración de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación (39,3% do total do emprego ambiental) e servizos (24,2%).
O total da produción ambiental destinada á exportación ascendeu a 6.539,2 millóns de euros en 2019, o que representou unha diminución do 1,6% respecto do 1,6% respecto.
Os ámbitos con maior peso nas exportacións foron a produción de enerxía a través de fontes renovables (24,8% do total) e o aforro e xestión de enerxía e/ou calor (19,5%). Estas exportacións inclúen os produtos enerxéticos (biocombustibles) e bens de equipo vinculados á produción de enerxía eléctrica renovable (grupos electróxenos de enerxía eólica) e a un menor consumo enerxético (electrodomésticos da máxima certificación enerxética, principalmente).
Fonte: INE