- O sector dos residuos continuou funcionando en tempos de pandemia e demostrou que, malia os seus desafíos, funciona.
- Así o considerou un grupo de especialistas que participaron, de forma virtual, no terceiro laboratorio preparatorio da cuarta edición do Foro das Cidades de Madrid, bautizado co título “Economía Circular: recollida de residuos eficiente e innovadora”.
- Entre os factores que propiciarán unha mellor xestión dos refugallos urbanos na próxima década, os participantes neste encontro reseñaron a conectividade, a trazabilidade do residuo ou a transparencia cos cidadáns, e todo isto apoiado na tecnoloxía, así como na “creatividade” e “flexibilidade” nos sistemas de recollida.
Cerceda, a 1 de xuño de 2020.- O regreso á normalidade tralo COVID-19 afecta tamén á organización de servizos urbanos “esenciais” como é o caso da xestión dos residuos, un sector que continuou a súa actividade en tempos de crise sanitaria e cuxo sistema demostrou que funciona.
Así o considerou un grupo de especialistas, entre os que se atopaban responsables da FEMP, ANEPMA, Ecovidrio, Ecoembes, Repacar e Humana, entre outros, que o pasado mes de maio participaron, de forma virtual, no terceiro laboratorio preparatorio da cuarta edición do Foro das Cidades de Madrid, bautizado co título “Economía Circular: recollida de residuos eficiente e innovadora”.
Trátase dunha das sesións temáticas onde se preparan as liñas de contido e enfoques que marcarán o programa definitivo do próximo Foro das Cidades, organizado por IFEMA e que forma parte do Foro Medio Ambiente e Sostibilidade, FSMS.
Entre todos eles esbozaron algúns dos elementos que, ao seu xuízo, garantirán unha mellor e máis eficiente xestión dos residuos urbanos durante a próxima década de cara a conseguir os obxectivos europeos en materia de economía circular fixados para 2030.
Algúns dos factores reseñados son a conectividade, a trazabilidade do residuo ou a transparencia cos cidadáns, apoiados na tecnoloxía, na “creatividade” e “flexibilidade” nos sistemas de recollida para articular novos mecanismos que sexan complementarios aos actuais.
No que respecta aos envases, desde Ecovidrio Javier Cano reivindicou a información do cidadán aproveitando a innovación tecnolóxica. Pola súa banda, Ángel Hervella, de Ecoembes, puxo en valor o blockchain (cadea de bloques) para asegurar a trazabilidade dos residuos e aplaudiu tamén a fortaleza dos vínculos na cadea de persoas que fixeron posible a xestión eficiente dos residuos durante o confinamento: “desde os alcaldes, as empresas de recollida públicas e privadas ata as plantas de selección, os recuperadores e recicladores… Todos víronse implicados nun círculo completo e serviu, funcionou”, subliñouodos viuse implicados nun círculo completo e serviu, funcionou”, subliñou.
A principal conclusión do evento é que existe a necesidade, aínda máis acuciante polo actual contexto derivado da pandemia, de que as cidades conten con unha xestión sostible, eficaz e eficiente dos residuos para contribuír a proxectar unha imaxe de cidade intelixente e saudable que favoreza a recuperación da actividade social e económica.
Fonte: Xestores de Residuos
Imaxe: Pixabay