Campañas
Rumbo a toda vela cara á sostibilidade dos océanos
Os océanos, verdadeiros pulmóns do planeta, están enfermos debido á elevada presión humana á que se someten cada día. Contemplámolos, gozámolos, pero en moitas ocasións ignoramos o que realmente sucede nas súas entrañas: inxentes cantidades de residuos, fundamentalmente plásticos, que circulan polas súas profundidades e superficie arrastrados polas correntes e que están a ocasionar un grave impacto sobre os ecosistemas mariños, a fauna e nosa propia vida.
DATOS PARA A REFLEXIÓN
- Os océanos cobren as tres cuartas partes da superficie da Terra, conteñen o 97% da auga do planeta e representan o 99% da superficie habitable en volume.
- A súa temperatura, química, correntes e vida moven sistemas que fan que a Terra sexa habitable para a humanidade.
- Proporcionan a maior parte do osíxeno que respiramos e son unha fonte importante de alimentos e medicamentos.
- Absorben ao redor do 30% do dióxido de carbono producido polos humanos, amortiguando os impactos do quecemento global.
- Conteñen case 200.000 especies identificadas, pero as cifras reais poden ser de millóns.
- Máis de 3.000 millóns de persoas dependen da biodiversidade mariña e costeira para o seu sustento, e a pesca mariña emprega directa ou indirectamente a máis de 200 millóns de persoas.
- A nivel mundial, o valor de mercado dos recursos mariños e costeiros, e a súa industria estímase en ao redor do 5% do PIB mundial.
OS RESIDUOS: UNHA SERIA AMEAZA
- Nos últimos 40 anos, a cantidade de lixo mariño -só na capa superficial- aumentou en máis dun 100%.
- O plástico representa entre o 60 e 90% de todos os refugallos mariños, coa particularidade de que este material tarda máis de 400 anos en descompoñerse no medio mariño.
- Calcúlase que 13 millóns de toneladas de residuos plásticos acaban nos océanos cada ano, cifra que equivale a verter no mar un camión de lixo cheo de plástico cada minuto. O 85% do lixo marítimo ten a súa orixe en terra.
- Tamén cada ano, máis dun millón de aves e máis de 100.000 mamíferos morren como consecuencia dos residuos plásticos que chegan aos océanos. Estudos recentes revelan que este tipo de contaminación chega ao 100% das tartaguras mariñas, ao 59% das baleas, ao 36% das focas e ao 40% das aves mariñas.
- De non tomar medidas, os expertos auguran que, en 2050, no mar haberá máis plásticos que peixes.
- A acumulación de plásticos xerou 5 grandes illas artificiais de lixo que navegan á deriva: dúas no Pacífico –unha delas ten 1,8 billóns de pedazos de lixo-, dúas no Atlántico e unha no Índico.